O As Pontes quere seguir no bo camiño

87

[Diario de Ferrol] Ó As Pontes preséntaselle unha boa ocasión de enlazar unha positiva racha de resultados no partido que xoga contra o Chantada esta tarde -17.30 horas, Sangoñedo-. Logo dun mal inicio de competición, o equipo pontés vén de sumar catro puntos consecutivos e espera anotarse hoxe a súa terceira xornada consecutiva puntuando para continuar coa remontada na clasificación e achegarse á parte alta da táboa.


O Chantada, malia ser un dos modestos da categoría, conta xa cunha experiencia que o converte nun equipo incómodo, especialmente cando xoga como local. Ademais, o conxunto lugués empeza a estar un pouco acuciado na táboa clasificatoria, logo de sumar tan só catro puntos e, sobre todo, encaixar moitos tantos. Esta circunstancia preséntase, por iso, como unha posibilidade para que o As Pontes salde a débeda anotadora que vén arrastrando, xa que lle está a custar moito ver porta. Precisamente, na liña de vangarda é onde o técnico pontés, Felipe Mieres, recupera a participación do goleador Pedro. Sen embargo, Piru aínda no está recuperado para tomar parte nesta cita, polo que a súa baixa se sumará as xa coñecidas de Dani, Maikel e Hugo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios