IX XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

46

casa_do_mel.jpg24, 25, 26, 28 E 29 de OUTUBRO, CASA DO MEL – GOENTE – AS PONTES
Días 24 e 25 de Outubro. ( Esta actividade ten prazas limitadas con inscrición previa)
Curso na Casa Do Mel sobre ” análise físicio-química e polínicoa de meles”.

  • Monitor.- Antonio Gómez Pajuelo (biólogo e consultor apícola).

Día 25 de outubro ás 18,30 h. no salón de actos Casa Dopeso
Conferencia sobre “Calidade do mel”.

  • Conferenciante.- Antonio Gómez Pajuelo (biólogo e consultor apícola).

Día 26 de outubro na Casa Do mel Concurso de cata de meles

  • Haberá diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.
  • As mostras recolleranse ata o día 24 de outubro na Casa do mel
  • O mel irá presentado ao concurso en botes de 1000 gr. baixos sen ningún tipo de etiqueta.

Días 28 e 29 de outubro.
Obradoiros de cera e de mel, para escolares na Casa do Mel.

  • Extracción e envasado do mel
  • Elaboración de candeas e flores con cera, distintas cores
  • Proxección de vídeos apícolas
  • Programas informáticos nos que se dá a coñecer a vida da abella
  • Proba do mel con outros produtos da comarca

Día 1 de novembro
FEIRA DO MEL ARTESÁN DE FUNGOS E COGUMELOS NAS PONTES


28/09/2008 Concurso de carteis: “Pintando as abellas”
Poderán participar todos os mozos/as que cursen estudios de:

  • 1º ciclo de Ed. Primaria (1ª. Categoría)
  • 2º ciclo de Ed. Primaria (2ª. Categoría)
  • 3º ciclo de Ed. Primaria (3ª. Categoría)
  • 1º e 2º ciclos da E.S.O. (4ª. Categoría)

Establécense catro premios de 100 € para comprar material escolar; un cartel finalista por cada categoría, dos cales o xurado elixirá o das próximas xornadas apícolas.
O motivo do cartel é anunciar as X Xornadas Apícolas do ano 2009.
A técnica será libre, lapis de colores, rotuladores, témperas, ceras, etc. e o tema estará relacionado coa apicultura. Non se admitirán traballos a ordenador.
Aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto: X Xornadas Apícolas do Eume.
As medidas do cartel serán de 30 x 42 cms. como máximo.
Só se poderá presentar un cartel por persoa e deberá ser inédito e orixinal.
O prazo de presentación dos carteis rematará o 16 de outubro de 2008 ás 12:00 h.
Os carteis serán entregados ou enviados a Casa do mel – Goente s/n,
15325 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 661003616 / casadomel@vodafone.es)
O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome do autor, enderezo e teléfono de contacto.
Os carteis premiados quedarán en propiedade da Asociación Galega de Apicultura Delegación do Eume.
O xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
A Asociación Galega de Apicultura poderá utilizar a imaxe dos carteis gañadores noutras publicacións relacionadas ou non coas Xornadas Apícolas, así mesmo os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos na Casa Do Mel.
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.
Nota: os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Do Mel durante o mes de decembro. Os non retirados neste período quedarán en propiedade da Asociación Galega de Apicultura Del. Eume.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios