IV XORNADAS MUSEÍSTICAS

72

O vindeiro sábado 25 de outubro de 2008 desenvolveranse na Casa do Pazo, sede do Museo Etnográfico da Capela as IV Xornadas Museísticas, abertas a todos aqueles que queiran asistir ás ponencias detalladas no programa. Nesta edición, as temáticas serán variadas, incluíndo a presentación dos proxectos gañadores do 1º Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”, convocado polo propio Museo.


PROGRAMA:
10h. Recepción dos participantes e apertura
10:30h. “Xosé Permuy, nacido para resistir no mundo da arte”
Duarte Basoa Anca
11:15h. “Territorio Britonia: as nosas orixes”
Fernando Brage
12h. Café
12:15h. Presentación dos cursos da Universidade Paulo Freire
12:45h. “O cancioneiro popular”
Mini e Mero (A Quenlla)
16:30h. “As construccións populares na comarca do Eume”
Belén Arnoso Balsa
17:30h. “A Capela. Na procura da luz eléctrica”
Mario Valdivieso Mateo
18:30h. Actuación de: Regueifeiros de Galicia
19:30h. Clausura das Xornadas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios