A Mariña Patrimonio cre que o castro da Atalaia esconde un balneario castrexo único con sauna

96

[La Voz de Galicia] A asociación A Mariña Patrimonio cre que o castro da Atalaia, en San Cibrao, esconde un monumento con forno ou sauna castrexa; sería, de ser certo, o terceiro de Galicia.
atalaia.jpg


«No noroeste da Península Ibérica, no territorio que ocupou a cultura castrexa, en Portugal, Asturias e Galicia, na actualidade coñecemos 16 balnearios castrexos. Co do castro da Atalaia sumarían 17, coa particularidade de que este sería o mellor conservado e o único que mantería a falsa bóveda», señalan desde la asociación.
Unha descuberta
«De confirmárense as nosas teorías, engaden, para o que cumpriría escavar e estudar outra vez o edificio, estariamos ante unha sauna castrexa practicamente intacta, o que suporía unha das descobertas máis importantes do mundo castrexo dos últimos anos».
«Dende A Mariña Patrimonio, debido á importancia dos achádegos do xacemento da Atalaia, ameazado pola especulación urbanística, agardamos que entre todos se atope unha solución e se evite a destrución do noso patrimonio e que se paralicen as obras e se anulen as licenzas de construción».

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios