O As Pontes saboreou unha apurada victoria no Poboado

70

[Diario de Ferrol] O C. D. As Pontes gañou o seu terceiro partido desta tempada, ó derrotar con moitos apuros por 2-1 ó Outeiro de Rei. Os azuis volveron facer sufrir á súa parroquia, e tiveron que remontar, diante dun frouxo rival, para acabar gañando no desconto.


A primeira metade comezou coa sorpresa dun equipo visitante presionando moi arriba. Esta circunstancia afogou á media local, que se xa adoita ter serios problemas na circulación. Desta vez eses atrancos víanse incrementados, e os lucenses xogaban moi cómodos apelando tan só a un grande despregue físico. Paseniñamente, os de Mieres fóronse facendo co balón, mentres os de Castro semellaba que se atopaban cómodos recuando, fiándo a súa sorte a unha férrea defensa, e agardar unha ocasión á contra. Tampouco corrían risco algún diante dun As Pontes no que os seus dianteiros, cansos de agardar os balóns que non chegaban, tiveron que sair buscalos demasiado lonxe da área, onde se volvían inofensivos.
Co cero a cero no descanso, as cousas torcéronse nada máis reanudarse o encontro. Na primeira chegada dos lucenses, unha penetración de Javi pola banda esquerda, servíulle para marcar chegando dende atrás a Jorge. Co 0-1 á imprecisión veuse sumar a precipitación, pero o Outeiro seguía cómodo, acumulando efectivos detrás do balón.
Foi nunha acción dun rexeite en área rival, onde Pedro demostrou estar moi atento e fusilou o gol do empate, aínda no minuto 61. Quedaba tempo, e a afección creu na remontada, sobre todo cando nos seguintes minutos viría unha pequena reacción local, que lles permitíu acumular dúas ocasións consecutivas, de Piru e Rebolo. As cousas non pasaron de aí, porque o Outeiro de Rei adicouse a enfriar o partido, e unha vez máis quedaba patente o prezo que hai que pagar por ter unha plantiña con tan pouca experencia.
Non daban os da casa metido esa marcha a maiores que necesitaba o choque, e tan só se pode apuntar unha ocasión que malogrou Piru, ó non saber resolver un man a man co porteiro rival. Cando xa poucos crían na milagre, outra xogada embarullada valeu que os tres puntos quedaran na casa. Era o minuto 94 cando un centro dende a dereita non soubo sacalo a defensa rival, e logo de varios tentos de despexe e remate, o balón caeulle a Rebolo, que volveu ser providencial, e fixo o 2-1. Un 2-1 que aínda puido non ser definitivo, porque un minuto máis tarde Marcos tivo que saca unha luva na base do pau esquerdo para evitar un gol de Alex que enganchara un bo remate.
AS PONTES 2
OUTEIRO DE REI 1
As Pontes: Marcos, Rivas, Chote, Boo, Alonso, Rebolo, Esmorís (Pablo, min.60), Pedro, Troncho, Piru (Ferreiro, min. 74).
Outeiro de Rei: Melendo, Noel, Román, Jhony, Picado, Trigo, Javi (Victor, min. 77), Miguel, Jorge (Carlos Álvarez, min. 60), Josiño (Luis, min. 88), Alberto (Álex, min. 90).
Árbitro: Espasandín Cores, do colexio de A Coruña, con Vázquez e Zas como auxiliares. Amososu cartóns amarelos a Alonso no As Pontes, e a Noel e Picado no Outeiro de Rei.
Goles: 0-1 min. 48: Javi; 1-1 min. 61: Pedro; 2-1 min. 94: Rebolo.
Campo: O Poboado.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios