Poñen en marcha un taller de grafitis contra o vandalismo

87

[Diario de Ferrol] O Concello de As Pontes quere sensibilizar a cidadanía contra o vandalismo a través dun obradoiro de grafitis que se desenvolverá na vila mineira durante este mes. Un experto nesta forma de expresión será o encargado de impartir un curso de iniciación ás técnicas do grafiti.


O Concello de As Pontes porá en marcha nos vindeiros días unha campaña de sensibilización contra os actos vandálicos e pintadas que se producen na vila. Unha das iniciativas que se contempla poñer en marcha dende a Concellería de Participación Cidadá, que dirixe a socialista Montserrat García, é contar coa participación dun experto no arte de facer grafitis. Esta persoa ocuparase de impartir un curso de iniciación ás técnicas do grafiti que se complementará con prácticas sobre grandes lenzos de papel que estarán a disposición daquelas personas que estén interesadas na iniciativa.
Ademais desta actividade, completará o ciclo unha campaña informativa que se desenvolverá nos centros educativos do termo municipal así como nas diferentes asociacións pontesas. Deste xeito, o goberno municipal pretende non só presentar as diferentes sancións incluídas na ordenanza municipal sobre o vandalismo, tamén concienciar a toda a poboación para “rematar con esta lacra da son obxecto os bens públicos”, sinalan dende o Concello de As Pontes.
Outra das medidas que teñen previsto imprantar dende o Consistorio pontés para frear as pintadas indiscriminadas que se producen na vila, é a habilitación de determinados espazos públicos para poder realizar grafitis aínda que, primeiramente, os interesados nesta iniciativa deberán presentar o seu proxecto, solicitar unha autorización e agardar ata que se lles outorgue o permiso e o emprazamento axeitado.
Acordo
Por outra banda, dende o Concello informan de que estas medidas foron consensuadas con tódolos grupos políticos, ata os membros da Policía Local e os edís de Seguridade Cidadá; Javier Carballo; Cultura, Eva Conde; e a propia edil de Participación Cidadá, que o pasado mércores participou nunha xuntanza na que todos eles coincidiron na necesidade de comezar a aplicar a lei, con todo o rigor posible, contra o vandalismo.
Así mesmo, o Concello comezará en breve os traballos de limpeza das pintadas existentes na vila e, unha vez rematadas, incrementarán a vixiancia para impedir as pintadas ilegais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios