Partidos das categorías inferiores do C.D. As Pontes

126

Pleno dos equipos ponteses na mañá do sabado. Comezaron gañando os alevíns A, que afortunadamente contan os seus cinco partidos na Liga por victorias, nesta ocasión por 7 a 0 ó Cedeira, goles de Alex Fernández (2), Nahúm, David, Iván, Alberto e o recentemente convocado pola selección comarcal alevín Enrique Fornos. A goleada da xornada, quizais excesiva, foi a dos infantís perante o Portuarios C de Ferrol por 22 a 0, goles de David González (6), Tini (6), Alberto (3), Álvaro (2), Keko (2), Lucho (2) e Dieguito ante un equipo ferrolán que chegou con 10 xogadores xustos e con varios xogadores alevíns. Pra rematar a mañá, os máis pequenos, os prebenxamíns B, gañaron por 3 goles a 1 ó Racing San Pedro, goles de Germán (2) e Antón.

futbol1.jpg


futbol2.jpg
futbol3.jpg
futbol4.jpg
futbol5.jpg
futbol6.jpg
futbol7.jpg
futbol8.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios