Liga da Ría Xuvenil As Pontes 1 Meirás 1

103

Empate do As Pontes perante o Meirás en partido correspondente á septima xornada da Liga da Ría de Ferrol. Nun encontro igualado semellaba que ía a acontecer o mesmo que a pasada semana co equipo feminino, pois no segundo tempo Fermín xenerou dúas boas ocasións que marcharon fóra por pouco, e faltando 10 minutos e tras unha serie de rexeites adiantaronse os de Valdoviño. Pero os ponteses foron a polo empate e no desconto tras un centro de Cañizares, Ali controla e bate por baixo ó porteiro poñendo o empate a un definitivo no marcador.
Xogaron polo As Pontes Alex, Chesi, Mourín, Abeás, Fran, Carlos, Hugo, Antón, Ali, Cañizares, Danilo. Na segunda metade entraron Donapetry, Iago, Amady e Fermín.
Resaltar que 5 futbolistas do xuvenil pontés adestrarán mañá coa selección comarcal sub17, Borja Abeás, Chus Cañizares, Juan Donapetry, Xabier Pellón e Kiko Gonzalez.

futbol_xuvenil_1.jpg


futbol_xuvenil_2.jpg
futbol_xuvenil_3.jpg
futbol_xuvenil_4.jpg
futbol_xuvenil_5.jpg
futbol_xuvenil_6.jpg
futbol_xuvenil_7.jpg
futbol_xuvenil_8.jpg
futbol_xuvenil_9.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios