Decepción do As Pontes ao caer ante o colista Calo no Poboado

70

[Diario de Ferrol, por Xose Cendán] Seria decepción onte no Poboado, coa derrota do As Pontes, diante do colista. O peor é que o Calo levouse a primeira victoria da tempada a pesar de deixar patente que conta cun equipo frouxo, que se valeu tan só dunha tremenda eficacia. Ó final o problema non estaba tanto na falla de gol como na febleza defensiva dun equipo que comeza a preocupar ós seus afeccionados. O Calo levouse os tres puntos precisando de moi pouco, aínda que marcando nas tres ocasiósn que tivo. Moi cedo, os visitantes tiraron partido dun erro que se segue a repetir con demasiada frecuencia nos azuis. Ían só oito minutos cando, no seu primeiro corner, abrían o marcador, cun testarazo de Argote, libre de marca.


O As Pontes puxo cerco á meta rival, e ó cuarto de hora, primeiro Alonso, e logo Rebolo, na mesma xogada, estiveron moi perto de facer o empate. Logo, ós 25 minutos Pablo e Rebolo estorbáronse malogrando outra boa ocasión. O primeiro tanto para os locais non chegou ata os 32 minutos, cun gol de Rebolo, que recollía un rexeite da zaga branca, que puxera a tenda de campaña en torno á súa porteiría. A fortuna aliouse cos ponteses para darlle a volta ó marcador. Só dous minutos despois do gol de Rebolo, Pedro centraba buscando un remate a baixo, e o porteiro do Calo enviou o balón ás súas propias mallas. A tres minutos para o descanso, e co Calo desarbolado, Chote marcaba un gol que o colexiado anulou ó entender que houbera falta previa. Na segunda metade, logo de darlle a volta a un marcador que se puxera en contra tan axiña, semellaba que podía ser unha tarde prácida. Pero ós once minutos volveu pecar de falla de contundencia a zaga do As Pontes, e Rocha quedou cun balón que, logo de tocar lixeiramente nun defensor, se envelenou e se foi á escadra. Había tempo para a remontada, pero o que faltaron foron ideas. O As Pontes atropellouse cun xogo moi acelerado, e nunca inquedou a un Calo, que encima, á contra se atopou co 2-3.
Cando estaban a adicar tódolos seus esforzos a conservar o botín do punto que tiñan perto, chegou un contraataque por banda esquerda, que solprendeu ós de Mieres sen replegue, e Rocha cabeceou só para facer o terceiro dun Calo que se acabaría levando o partido. Ó final, o árbitro decidíu arrogarse o protagonismo, obviando un penalti por mans no desconto; permitindo a entrada dun xogador sen camiseta, que se puxo a do sustituido, e respostando a tarxetazos ás lóxicas queixas dos locais. De feito os damnificados foron precisamente o capitán, Rivas, e o segundo entrenador, Carlos Mieres. Ó final a polémica co colexiado permitíu desviar a atención dun mal partido do As Pontes, que non acaba de acadar a tranquilidade que necesita un equipo tan xove.
A derrota de onte é das que precisa da experencia para sair da situación á que aboca ós azuis.
AS PONTES 2
CALO 3
CD As Pontes: Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Boo (Esmorís, min. 24), Alonso, Pablo, Troncho (Victor, min. 66), Pedro (Aguado, min. 78), Piru (Isma, min. 72) e Rebolo.
Calo: Julio, Mosteiro (Saro, min. 66), Dani, Porto, Abel, Argote (Diego, min. 89), Yago, Dani Gesto, Rocha, Rober (Primo, min. 94) e Ramiro.
Goles: 0-1 min. 8: Argote; 1-1 min. 32: Rebolo; 2-1 min. 34: Julio, en propia puerta; 2-2 min. 52: Rocha; 2-3 min. 75: Rocha.
Árbitro: Vázquez Pérez, de A Coruña, con Davín e Del Río como asistentes. Amososu cartóns a Mosteiro e Deveza no Calo, e vermellos directos a Rivas e ao segundo entrenador, Carlos Mieres, no As Pontes, nos minutos 93 e 94.
Campo: O Poboado.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios