As Pontes homenaxea pola festividad de Santa Icía ao músico Dositeo Arias Pico

88

[Diario de Ferrol] O vindeiro 22 de novembro é Santa Icía, patrona dos músicos, unha data que historicamente as asociacións musicais das Pontes non deixan pasar de modo indiferente. Este ano non ía ser unha excepción e por elo dende hai xa varias semanas quince agrupacións da vila están a traballar na organización dun festival na honra de Santa Icía.


Ademais, ao igual que en anos anteriores as entidades deciden aproveitar semellante data para homenaxear tamén a unha persoa comprometida coa música do municipio. Nesta ocasión o 22 de novembro estará adicado a Dositeo Arias Pico, un dos músicos máis veteranos do Concello, membro da Banda Municipal, do Liceo Recreativo e Artístico de As Pontes e tenor da Coral Endesa.
O programa de actividades inaugurase mañá, venres 14, e non se pechará ata o domingo 23. Durante estes dez días a música será a máxima protagonista da actividade cultural da vila pontesa. As actuacións estarán repartidas por catro escenarios e nelas participarán ducias de músicos e intérpretes de toda a comarca.
O programa ábrese mañá, ás nove da noite, no auditorio municipal Alovi coa actuación de Marco González e o tango arxentino “al sur del sur”.
Aa fin de semana complétase cun Festival Folclórico e un concerto de piano. O primeiro será o o sábado 15 ás seis da tarde no Alovi e nel participarán a Rondalla Vila das Pontes, a agrupación cultural Alende, a Banda de Gaitas Alvaia e a Charanga Os Ponteses. O recital de piano a cargo de José Manuel Campello, profesor do conservatorio, terá lugar ás oito da tarde do domingo 16 no Conversatorio de Música.
O día grande desta semana adicada a Santa Icía chegará o próximo sábado, 22 de novembro, data na que se celebrará un festival homenaxe de tódalas agrupacións musicais das Pontes ao músico Dositeo Arias Pico. Será ás seis da tarde no Alovi e contará coa presenza da Escola Municipal de Gaitas e Percusión Tradicional, o grupo de gaitas Os suplentes, a agrupación coral Endesa-As Pontes e a Banda de Música Cultural de As Pontes. Ao termo do recital celebrarase unha cea baile no hotel Husa Spa-Vilalaba, amenizada pola orquestra Fin de siglo.
Todos os actos están organizados polas asociacións e agrupacións participantes e conta co patrocinio do Concello das Pontes e de Endesa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios