Liga Nacional Xuvenil. As Pontes 4 Colexio Hogar San Roque 0

117

Victoria do As Pontes perante o equipo vigués por 4 goles a 0, con tres goles do ex internacional español sub15 Dani Carballeira e un de Alex Antón. A destacar do encontro varias boas intervencións do porteiro local Iván, e un tiro ó longueiro de Cañizares. O As Pontes, a pesar do traspés da semana pasada en Nigrán, mantense meritoriamente nos postos de arriba da táboa clasificatoria. Formou o equipo local Iván, Vicente, Noé, Kiko, Cristian, Alex Antón, David Amado, Junior, Diego, Borja, Carba. Na segunda metade entraron Cañizares, Alex Fresco, Michel e Fernando. Na Liga Cadete, no duelo de líderes derrota do As Pontes en Cerdido ante o Cebarca por 2 a 1.

futbol_xuvenil_0.jpg


futbol_xuvenil_1.jpg
futbol_xuvenil_2.jpg
futbol_xuvenil_3.jpg
futbol_xuvenil_4.jpg
futbol_xuvenil_6.jpg
futbol_xuvenil_7.jpg
futbol_xuvenil_8.jpg
futbol_xuvenil_9.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios