O Esteo 5 – Calotoloyo 3

66

Importante vitoria do Esteo perante o Calotoloyo Sarria, por 5 goles a tres. Ó descanso os visitantes gañaban por 2-3. Boa entrada no pavillón da Fraga, con máis de 200 espectadores nas gradas.

Esteo.jpg


O ESTEO FS: Ito, Jaime, Fran, Pellón, Rubi ?cinco inicial- Sergio e Gerardo.
CALOTOLOYO: Luis, Josito, Marcos, Javi, Canas ?cinco inicial- Jairo, Vázquez e Diéguez.
ÁRBITROS: José Mª Martín e Daniel González (Ferrol). Amoestaron a Fran, Pellón e Cabanas.
GOLES: Min. 4 (0-1), Josito. Min. 8 (1-1), Pellón. Min. 11 (1-2), Vázquez. Min. 16 (1-3), Marcos. Min. 18 (2-3), Rubi. Min. 23 (3-3), Jaime. Min. 31 (4-3), Fran. Min. 38 (5-3) Fran.
COMENTARIO: Pese ó mal estado da pista do pavillón pontés, que se atopaba moi esvaradía (resbaladiza), os xogadores dos dous equipos sobrepuxéronse a este hándicap e ofreceron un bonito e entretido partido. Gustou o conxunto lugués, que lle puxo moi difícil o partido ós ponteses, e así na primeira parte puxéronse cun inquietante 1-3 que facía pensar en partidos anteriores vistos no municipal da Fraga. Sen embargo, nesta ocasión non apareceu a paxara dos locais e foron remontando o marcador adverso para alzarse ó final con tres importantes puntos que lle permiten seguir nos postos de cabeza.
Nova cortesía de Antón F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios