A música protagoniza a maioría das propostas das Pontes para o Nadal

26

[Diario de Ferrol] O Concello das Pontes deseñou unha programación de Nadal cunha especial atención ós máis pequenos e coa música como principal protagonista. Outro dos grandes atractivos destas datas será o belén vivinte que se instalará no colexio Santa María os días 21 de decembro e 5 de xaneiro.


As propostas intensificaranse nas datas centrais das festas pero xa hoxe hai actividades porque ás once da mañá está previsto que se decore a sala infantil da biblioteca municipal.
A exposición de fotoxornalismo “Manuel López 1966-2006” abrirá o martes 16 no Mercado Vello e o xoves 20 haberá unha exhibición de danza clásica e moderna no auditorio municipal Cine Alovi. Será ás sete da tarde e correrá por conta das escolas municipais.
Tamén dentro das propostas da vindeira semana está incluído o recital de panxoliñas do día 21. Será ás 12.30 horas na igrexa parroquial e contará coa presenza da cora Eixil (Cedeira), do coro Albae Sonus (Ferrol), da Coral Endesa e das cantareiras Alende. Pola tarde, no patio do colexio, verase un nacemento vivinte, no que participan diversos cidadáns.
A semana de Noiteboa comeza o luns 22 coa apertura da exposición cos traballos presentados ó premio de banda deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña. Abrirá ó público na Casa Dopeso. Neste mesmo escenario, ás 19.30 horas, celebrarase un festival de rondallas.
O martes 23 as panxoliñas encherán as rúas da localidade xa que a asociación cultural Alende promove, desde as cinco da tarde, actuacións por diversas zonas da vila. Ás 18.30 horas, no Alovi, a compañía Os Quinquilláns representa a obra “Mago de Oz”.
Na biblioteca volve haber actividades o 26, cunha campaña de animación á lectura que contará , a partir das 16.30 hroas, coa compañía Trinke Trinke. Ás 20.30 horas, na Casa Dopeso, os alumnos dos obradoiros de música moderna farán unha demostración.
O primeiro encontro de bandas de música xuvenís será o sábado 27, na Casa Dopeso, ás 18.30 horas. Actúan a banda das Pontes e a de Touro.
A informática acapara as actividades dos días 28 e 29, cunha “party” no Lar de Endesa promovida pola asociación Amigus. Para o 30 prevese unha clase aberta de acordeón na Casa Dopeso e maxia, a cargo de Benxamín e Loli, no Alovi, ás 20.00.
Galitoon abre o 2009 coa representación, o día 2, de “Babiliglub”, no Alovi. Este espectáculo está dirixido a nenos de un a sete anos e comezará ás 18.30 horas.
A cabalgata do día 5, a ofrenda floral a Castelao do 6 e o sorteo de 4.000 euros da campaña Merca nas Pontes pechan o programa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios