O As Pontes cae pola mínima fronte ao líder Villalbés

72

[Diario de Ferrol] O tópico de “a adestrador novo victoria segura”, non acaba de cumprirse no As Pontes, e logo do seu debut, con empate en Santiago a semana pasada, Alberto López segue sen poder brindar o primeiro triunfo á sufrida afeción pontesa.


Onte tíñao ben díficil o As Pontes frente ao líder Villalbés que durante a primeira metade deixou constancia da súa pegada, moi ben asentado atrás, e saíndo con moito perigo cando roubaba. Así sumaron tan só duas chegadas pero ambas moi claras mentres que os da casa, a pesar de lervar o peso do dominio, non lograrían traducilo en ocasións claras.
A segunda parte convertíuse nun partido de ida e volta, cos dous equipos dispostos a buscar unha victoria que ámbos precisaban, aínda que con obxectivos ben distintos.
Tras reiterados intentos por ámbalas dúas partes e cando semellaba que o partido remataría en táboas, chegou o gol que sentenciou a victoria para os chairegos.
AS PONTES 0
RACING VILLALBÉS 1
As Pontes: Marcos, Alberto, Rivas, Chote, Boo, Alonso, Rebolo (Aguado, min. 58), Ferreiro (Víctor, min. 88), Pedro (Pablo, min. 81), Troncho (Esmorís, min. 73), Piru, Aguado, Ángel, Víctor, Esmorís e Pablo.
Racing Villalbés: José Ángel, Agustín, Álex, Borja, Roberto, Hugo, Vivero, Omar (Xaime, min. 90), Dani (Jesús, min. 84), Justino (Chequi, min. 72), Félix (Nico, min. 95), Jesús, Adrián, Xaime, Chequi e Nico.
Árbitro: Cives Enjo auxiliado nas bandas por Zas e Méndez. Amonestou aos locais Dani, Boo, Troncho e Alex e expulsou ao delegado pontés José Antonio Pena.
Goles: 0-1 min. 84: Chequi.
Campo: O Poboado, ante algo máis de 150 espectadores.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios