Alberto López quere acadar o seu primeiro triunfo

120

[Diario de Ferrol] O As Pontes xoga esta tarde cun equipo que tampouco está para agasallos, o Sada, que xa sabe o que é pasar por apuros logo do susto que sufriu o ano pasado, salvándose “in extremis”. O choque disputase en Betanzos, xa que o campo de Sada está en obras.


Logo da derrota na casa co Vilalbés, os azuis precisan os tres puntos para comezar a alonxarse dos postos de perigo da táboa, e que mesmo lle permitirían dar caza ó equipo das Rías, que suma dezanove, por dezaseis dos ponteses.
Este é o terceiro partido de Alberto López no banco, que buscará a primeira victoria logo de saldar cun empate e unha derrota a súa aterraxe no As Pontes.
Para perseguir este obxectivo poderá contar con case todo o plantel. Só seguen lesionados Dani e Seco, aínda que a eles unirase Alonso, que sufríu un golpe nun beizo a pasada semana, e complicóuselle a recuperación ó infectárselle uns puntos.
O partido vaise disputar esta tarde en Betanzos, ó seguir en obras o campo do Sada. O choque empeza ás 18.45 horas no campo de O Carregal, sobre un terreo de xogo artificial ó que debe adaptarse a formación pontesa para intentar que os puntos aumenten o seu casilleiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios