COMUNICADO 19/12/08 – PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

59

Con motivo da futura inauguración do treito As Pontes – Cabreiros, pertencente á autovía AG-64 Ferrol-Vilalba, queremos denunciar públicamente os seguintes feitos:
A desestruturación da necrópole megalítica da Mourela provocada pola autovía, que deixa dividido pola metade un conxunto formado por tres mámoas.
A situación de risco na que queda a mámoa GA15070127, situada a 3 metros do borde norte do talud, lonxe dos 50 metros de protección establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio en xuño de 2007.
A non reversión social dos coñecementos derivados das escavacións da necrópole megalítica da Mourela, que logo de máis de 3 anos de investigacións, 2 equipos de arqueólogos e unha financiación próxima aos 5 millóns de euros, non foron aínda publicados nin presentados á cidadanía.
A catástrofe medioambiental que está a afectar aos ríos Eume, Chamoselo, Lavadoiro e Trimaz, derivada da mala planificación da autovía, que ademais de ocasionar a destrución do círculo lítico da Mourela, está a exterminar os ecosistemas fluviais da nosa comarca.

María José Caride Estévez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios