Liga Nacional Xuvenil. CD As Pontes 2 Celta de Vigo 4

141

Derrota do As Pontes ante o equipo xuvenil celtista por 2 goles a 4. Os vigueses souperon aproveitar algúns erros defensivos locais, o que, sumado á súa calidade propiciou que se chegase ó descanso co marcador 1 a 4, con tres goles de Brais e un de Borja, mentres que polos locais anotou Cristian Otero. Na segunda metade os ponteses tentarono todo, máis o de hoxe non foi o seu día e ademáis tiñan diante a un gran rival. Alex Antón maquillou o marcador co 2 a 4. Por parte local xogaron Iván, Miguel, Noé, Kiko, Cristian, Alex Antón, David, Junior, Diego, Vicente e Carballeira. Na segunda metade entraron Marcos Souto, Borja e Michel. Polo Celta xogaron Miguel, Pablo, Diego, Gesto, Brais, Tenorio, Luismi, Borja, Currás, Hugo e Dani. Na segunda metade entraron Sergio, Lago, Zurdo e Lobera.







Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios