CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB15. COMUNIDADE VALENCIANA 3 GALICIA 0.

115

No derradeiro partido da Primeira Fase do Campionato de España sub15, derrota das galegas ante o equipo local por 3 goles a 0. A pontesa Patricia Blanco Carballo xogou na segunda metade, desgraciadamente Yaiza Paleo Corral non puido debutar coa nosa selección. As clasificacións da primeira Fase do Campionato de España sub15 son as seguintes. Grupo A: País Vasco, 6 puntos, Canarias, 6 puntos, A Rioxa, 0 puntos, Asturias, 0 puntos. Grupo B: Extremadura, 6 puntos, Cataluña, 3 puntos, Madrid, 1 punto, Aragón, 0 puntos. Grupo C: Castela A Mancha, 3 puntos, Andalucía, 3 puntos (renuncia de Illas Baleares). Grupo D: C.Valenciana, 6 puntos, Galicia, 3 puntos, Rexión de Murcia, 0 puntos. A segunda Fase do Campionato de España sub15 xogarase durante a festividade da Semana Santa. Estas trece seleccións volverán a cruzarse na Segunda Fase en distintos grupos a sortear, e finalmente, os 4 equipos que máis puntos sumen no cómputo global das dúas fases de clasificación disputarán as semifinais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios