Galiza Nova denuncia a pasividade e a despreocupación sobre o Río Chamoselo

75

A organización xuvenil do BNG asegura que non existen solucións a curto prazo para o río
A pesares de que os informes encargados en 2007 polo BNG advertían da mala situación do río, co cambio de goberno municipal de As Pontes estes resultados foron iñorados.


Pouco tempo despois, os pescadores de Caaveiro denunciaron a morte de reos no Eume debido a un baixo Ph que os devanditos informes xa recollían e que aínda hoxe continúa.
Perante esta situación, os únicos interesados no ámbito político son as formacións nacionalistas, que comezan a denunciar dende o primeiro momento esta situación. O deputado Blanco Parga rexistrou no Parlamento preguntas para o Conselleiro de Media Ambiente, e Galiza Nova organizou en As Pontes unha charla sobre a problemática á que só asistiu ADEGA, refusando participar as Consellarías de Medio Ambiente e Política Territorial, convidades ao acto e directamente implicadas no desastre ecolóxico.
Dende Galiza Nova aseguran que “seguimos a reiterar a nosa preocupación pola situación dos ríos afectados e esiximos aos responsábeis medidas eficaces para recuperar o máis axiña posíbel todo aquilo que se perdeu por mor da deixadez”.
Para a formación nacionalista “é importante que exista un equilibrio entre o desenvolvemento e progreso e a conservación e respecto polo noso medio natural”.
“Por moita inauguración que fixera a Conselleira de Política Territorial, cremos que non pode presumir de autovía” aseguran dende Galiza Nova.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios