Nota de Prensa BNG: As Pontes outra vez sen pediatra

33

A Consellaría de Sanidade incumpre o seu compromiso de substituir á titular un mes despois.
Nestas datas os servizos do Centro de Saúde das Pontes voltan a estar incompletos. Dende que o Psoe se fixo cargo da Consellaría de Sanidade no 2005, o servizo de Pediatría pontés pasou por unha primeira drástica redución de persoal, de dúas a unha profesional para o mesmo número de cartillas, chegando a non ter dito servizo en períodos vacacionais.


Despois da intervención do parlamentario pontés do BNG Fernando Blanco, a Consellaría de Sanidade asumía a finais do mes de outubro a necesidade de manter “substitucións aos profesionais que se atopen en poboacións que pola súa localización e/ou dispersión xeográfica teñan un difícil acceso ao pediatra, como no caso do concello das Pontes …”.
O tan publicitado polo goberno local compromiso da Consellaría de Sanidade coas Pontes parece ser, como tantas outras cousas, fume.
Asemblea Local das Pontes, 2 de xaneiro de 2009

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios