Nota de prensa BNG: 1.800.000 € para proxectos nas Pontes

32

Neste mes asinaranse seis convenios coa Consellaría de Innovación e Industria.
A maior cuantía correspóndese coa ampliación de Penapurreira (1’1 M€).
O portavoz municipal do BNG nas Pontes, Xaime Castro, informaba onte que o Concello das Pontes recibirá 640.000 € dos orzamentos da Consellaría de Innovación e Industria para a redacción dos proxectos incluídos no bienio 2008-2009 do Plano do Carbón.


Xaime Castro sinalaba, tamén, que o Ministerio de Industria ten unha débeda co Concello das Pontes de mais de 35 millóns de euros, que se corresponden coas actuacións que terían que executarse entre o 2006 e o 2009. Dita cantidade ven a sumarse aos preto de 120 millóns de euros que o Ministerio ten admitido que lle correspondían ao noso Concello no Plano anterior 1998-2005 pero que nunca chegaron.
Entre os proxectos a redactar están as seguintes actuacións: dotación de equipamentos e zona deportiva do Canle IV, edificio multifuncional e mellora da zona urbana no contorno do mercado e do Concello, museo da Minaría, melloras no polígono dos Airíos, actuación na zona de Rebardille, e equipamento para Pemes.
A cuantía total aportada pola Consellaría nacionalista para As Pontes elévase ate os case 1’8 millóns de euros ao incluír a ampliación de Penapurreira nas 185 Ha que está a contratar Xestur A Coruña.
Asemblea Local das Pontes, 21 de xaneiro de 2009

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios