Rochela adestra coa selección sub19 en Madrid

87

A selección española sub 19 adestrou esta semana en Las Rozas con vistas á preparación da Segunda Fase de Clasificación do Europeo sub19, no que a selección terá que vencer en Maio ós seus rivais do Grupo 7, Alemania, R.Checa e Estonia si quere estar presente na Fase Final a disputar en Ucrania entre o 21 de Xullo e o 2 de Agosto, fase final que xogarán os sete campións de cada grupo da segunda fase máis o equipo anfitrión.

sub19_1.jpg


España xogará un partido amistoso o día 10 de Febreiro en Bournemouth contra a selección inglesa onde o seleccionador Milla levará a 18 dos 24 xogadores que adestraron ata hoxe en Madrid e no que agardemos que esté Rochela. O partido do vindeiro mes será unha reedición da Final do Campionato de Europa sub17 do ano 2007 no que España venceu 1 a 0 ós ingleses con gol de Bojan e conquistou o seu séptimo título Europeo sub17. A selección inglesa será un gran rival nun partido no que o adestrador Milla tentará facer moitas probas de cara ó encontro do día 26 de Maio ante Alemania, que sen dúbida será o gran escollo de España se quere chegar á Fase Final, xa que teutones i españois eran os dous grandes favoritos nas apostas pra levarse o título e o encontro do día 26 será sen dúbida unha final anticipada.
sub19_2.jpg
sub19_3.jpg
sub19_4.jpg
sub19_5.jpg
sub19_6.jpg
sub19_7.jpg
sub19_8.jpg
sub19_9.jpg
sub19_10.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios