Rexional preferente. As Pontes 1 – Flavia 0

104

Tres milagrosos puntos os que conseguiu o As Pontes no partido de hoxe. Durante a primeira metade tan so resaltar un remate de cabeza de Rebolo (23´) e un tiro de Ero (45´) ben solventados polos porteiros. A ocasión máis clara do encontro chegou no 56´ tras unha mala saída de Joaquín que deixa a porta baleira pero o remate de Ferreiro vai ó longueiro. Moi mal se lle puxo o encontro ós locais coas dúas expulsións de Troncho e Chote nos últimos minutos, pero cando peor pintaban as cousas, nun bo pase en profundidade de Ferreiro, Pedro queda só, e o porteiro visitante faille un penalti que él mesmo se encarga de marcar. En definitiva, tres importantísimos puntos para ó As Pontes de cara a tentar alonxarse un pouco dos agoniantes postos de descenso.


1 C.D. AS PONTES. Ángel, Rivas, Jorge, Chote, Boo, Alonso, Amado, Carba (Ferreiro 45´), Rebolo (Pedro 62´), Troncho, Piru (Seco 73´).
0 FLAVIA. Joaquín, Chenel, Suso, Lalo, Alfonso, Rivas, Banana (Roberto 68´), Zoco (Tebi 58´), Jorge M, Marcos M, Ero.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado, menos de 100 espectadores, en tarde chuviosa.
ÁRBITRO: Blanco Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por Chouciño e Aradas.
AMOESTACIÓNS: Amarelas a Piru, adestrador e delegado local, e ó visitante Marcos. Expulsados os locais Troncho (80´) e Chote (87´).
GOLES: 1-0. Minuto 89. Pedro, de penalti.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios