SÁBADO, SELECCIÓNS GALEGAS, YAIZA E PATY

52

Partidazo o disputado esta mañá no Campo de Vega de La Camocha entre as seleccións sub 15 de Galicia e Aragón. Mal comezaban as cousas pra as galegas cando nada máis comezar, ós 3 minutos, as aragonesas se adiantaban no marcador tras un golazo pola escadra de Erika dende fóra da área. Pero non se viñeron abaixo e empataron no 14´ por medio de Candela que sorprendía por riba á porteira aragonesa. No 27´ tras unha gran xogada de Natalia por banda, centra e a internacional sub17 española Claudia confirmaba a remontada. Na segunda metade, os dous equipos acusaron o xogar dous encontros tan intensos en apenas 24 horas, e anque dominou máis a selección galega durante todo o encontro, foron as aragonesas as que puideron empatar por medio de Nelly a falta de 5 minutos pero o seu disparo foise por riba. En definitiva moi bo partido das galegas, resaltando a garra da capitana Sheila, a contundencia da central Marta, no medio campo, a omnipresente Nerea, o talento de Natalia, calidade por bandas con Claudia e Candela, e arriba a movilidade de Patricia Carballo, que aínda é do 96, e como o que ben funciona non se toca, o adestrador Petaca non fixo ningún cambio polo que Yaiza e Paty non saltaron ó campo, anque habería que facerlles un monumento por todo o que levan conseguido nestes últimos meses.


Galicia sub15 2 Aragón sub15 1
1 María; 2 Jessica, 3 Ángela Nogueira, 4 Sheila, 17 Marta; 6 Nerea, 7 Claudia, 8 Natalia, 9 Candela; 10 Patricia Carballo, 16 Inés.
Non xogaron 5 Alejandra Arias, 11 Paty Blanco, 12 Yaiza Paleo, 13 Ángela Otero, 14 Sarai, 15 Laura, 18 Alejandra Noronha
Goles: 0-1 Erika (3´), 1-1, Candela (14´), 2-1, Claudia (27´)
A clasificación despois das dúas primeiras fases, e a falta dalgún partido nalgún grupo que se xogará mañá, sería Castela A Mancha 12 puntos, Cataluña e Galicia 9 puntos, Extremadura (-1), Valencia (-1) e Canarias 7 puntos, País Vasco 6 puntos, Madrid (-1) 4 puntos, Murcia (-1) 3 puntos, Andalucía (-1) e Aragón 1 punto, A Rioxa (-1), Asturias e Baleares 0 puntos. Mañá Extremadura terá un asequible partido coa Rioxa e seguramente superará a galegas e catalanas, pero se as valencianas non consiguen vencer ás madrileñas, as galegas estarían en semifinais.
No último encontro da mañá empate a un entre Galicia sub18 e Aragón.

equipo_sub15_1.jpg

equipo_sub15_1.jpg

equipo_sub15_1.jpg

equipo_sub15_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios