Adrián López acada o primeiro gol dun pontés na 1ª División española de Fútbol

138

Adrián López, xogador pontés do R.C. Deportivo da Coruña, ven de acadar hai tan só unhas horas o primeiro gol anotado por un veciño da nosa vila na que é considerada unha das mellores ligas de fútbol do mundo: a Liga española.


Este fito histórico para o deporte da nosa vila, súmase aos xa acadados anteriormente polo mesmo xogador, coma o debut na Primeira división, o debut na Copa da Uefa ou a participación coa Selección Española sub-21.
Vídeo cortesía de Riazor.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios