Publicada a primeira actualización de Galinux

68

Lendo mancomun.org:
“Respondendo á impresionante demanda de Galinux anunciamos a publicación dunha actualización que, como melloras máis destacadas, inclúe a detección de máis dispositivos de hardware e as últimas versións dos aplicativos máis populares como Firefox ou OpenOffice. A nova versión pode descargarse A demanda de Galinux está a resultar realmente impactante: no seu primeiro trimestre de vida, máis de 15.000 CD foron distribuídos a traverso dos pontos de distribución, rexistrándose máis de 25.000 descargas dende a web. Grazas a Galinux miles de personas están achéganse cada día ao movemento do software libre. “…
galinux.png


…”Trátase da primeira actualización das tres previstas durante o ciclo de vida da actual versión de Galinux, o que permitirá manter o noso sistema operativo actualizado até abril do 2011. Hai dous modos para desfrutar das vantaxes desta nova versión de Galinux: descargando o CD ou ben instalando os paquetes nunha Ubuntu 8.10 previamente instalada, seguindo as instrucións publicadas no noso wiki.
En todo caso é importante resaltar que para todas aquelas persoas que se achegan por primeira vez a un sistema GNU/Linux é preferíbel e recomendábel que continúen a empregar a versión presentada a finais do ano pasado e da que poden obter unha copia a través dos puntos de distribución. O principal motivo é porque se basea en Ubuntu 8.04 LTS, o que quere dicir que é unha versión que recibirá actualizacións de seguridade durante un período moito maior que as versións normais, en concreto durante 3 anos, e polo que se recomenda o seu uso en contornos de produción.
Galinux, o primeiro sistema operativo galego
Galinux é un completo sistema operativo en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información; que ademais de tódalas funcionalidades típicas dun sistema operativo, incorpora os principais aplicativos, como o popular navegador web Firefox, as aplicacións de ofimática incluídas no OpenOffice.org (procesador de textos, folla de cálculo ou presentacións multimedia), un corrector ortográfico en galego, clientes de correo electrónico, un programa de retoque fotográfico de alta calidade, aplicación de mensaxería instantánea, reprodutores de son e vídeo, gravador de CD e DVD, etc. Todos eles en galego e con actualizacións permanentes.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios