A biblioteca municipal exhibe estos días unha exposición sobre a historia local dirixida aos máis novos

67

Dende o pasado 16 de febreiro está aberta a exposición As Pontes, un pobo con historia. A mostra pretende dar a coñecer aos máis novos algúns aspectos da historia local.
A través de sete paneis, os rapaces que se acheguen pola biblioteca poderán descubrir diferentes episodios da historia das Pontes dende a prehistoria ata a idade contemporánea.
Unha personaxe chamada Eume, será a encargada de guiar aos rapaces polas seis aventuras que compoñen a mostra: Os primeiros poboadores, os castrexos, a romanización, o medievo, a idade moderna e a idade contemporánea.
Ademais do material exposto nas instalacións da biblioteca municipal, a exposición acompáñase de material audiovisual para traballo en aula, poñendo a disposición dos docentes unha ferramenta de apoio coa que introducir aos rapaces no coñecemento da historia local.
A mostra pode ser visitada dentro do horario normal da biblioteca, de 11-13h e de 16-20h, de luns a venres.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios