Liga Cadete. As Pontes 2 Cebarca 1

44

Importantísima vitoria do conxunto cadete adestrado por Calpita no duelo entre os dous primeiros clasificados de Liga disputado hoxe no Campo anexo de O Poboado. Os ponteses lideran a clasificación con tres puntos de ventaxa sobre o Cebarca e cinco sobre o Galicia de Caranza, se ben os ferroláns teñen dous partidos menos. O As Pontes puido sentenciar na primeira metade con moitas oportunidades e foise ó descanso con 2 a 0, tantos de Juan e Chungui. Sen embargo os de Cerdido viñeronse arriba na segunda metade, e marcaron por medio de Javi, que a proveitou o rexeite do penalti parado por Beto. De ahí ó final do encontro o Cebarca buscou o empate pero o As Pontes foi capaz de manter a súa ventaxa. Xogaron polo cadro local Beto, Hugo, Isma, Toti, Diego, Rubén, Juan, Chungui, Gogas, Alex Cabarcos e Manu. Na segunda metade entraron Isma, Lechuga e Darío.

futboli_001.jpg


futboli_001.jpg

futboli_001.jpg

futboli_001.jpg

futboli_001.jpg

futboli_001.jpg

futboli_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios