A correr polo San Xosé

99

[Radiodifusión, por Xosé Montero] O 19 de marzo aproxímase e con este día unha cita ineludible para deportistas e afeccionados ao atletismo e é que, un ano máis, o concello das Pontes, a través do departamento de deportes está a preparar a tradicional Carreira Pedestre de San Xosé, que este ano cumprirá xa a súa décimo novena edición. O clube de atletismo olympo da nosa vila tomará parte tamén na organización deste evento que dará comezo ás 11 da mañá coa competición para os máis novos.

sanxose_1.jpg


A Fraga volverá acoller este circuito no que se mestura o urbano coas carreiras a través do emblemático parque pontés. A mañá dará comezo coas competicións para escolares de categoría benxamín, que deberán percorrer 335 metros; benxamín con 550 metros e Alevín masculino e feminino con distancias de 965 e 1300 metros, respectivamente.
No tocante as infantís, os rapaces deberán enfrontarse a unha distancia de 1515 metros e as rapazas a 1300 e pechan esta categoría escolar os cadetes que percorrerán un circuito de 1515 metros, as nenas, e 1930 os nenos.Todos eles recibirán un agasallo pola súa participación ao que haberá que sumar trofeós para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
En canto rematen estas carreiras dará comezo a proba absoluta na que poderán participar todos aqueles nados dende 1990. Así as cousas, estableceranse seis categorías, xuvenil masculino e feminino, promesa senior masculino e feminino, veteranos e veteranas, que optarán a un total de 4 premios de entre 70 e 290 euros e que se deberán enfrontar a un circuíto de algo máis de 7 quilómetros.
Asemade, tamén recibirán o coñecido como Trofeo Luis Barrio o primeiro pontés e a primeira pontesa clasificados en cada categoría e resultará agasallado con un vale de 150 euros en material deportivo aquelas tres entidades que máis atletas clasifiquen na liña de chegada, entre as categorías escolar e absoluta.
Para poder anotarse nesta cita deportiva que, ano tras ano, conta cunha gran acollida entre os veciños de As Pontes e da comarca tan só é preciso achegarse ata o pavillón polideportivo da Fraga denantes da unha da tarde do vindeiro día 17 ou enviar un fax ou un correo electrónico con tódolos datos do participante e a categoría na que participará ao 981 45 26 02 ou deportes@aspontes.org, se se trata dun atleta que compita na categoría escolar, que deberá incluír a sinatura ou selo da entidade á que pertence e a sinatura do delegado ou adestrador da mesma.
No tocante aos corredores que tomen parte na categoría absoluta, ademáis destas canles poderán telefonar ao 981 45 26 02 para inscribirse, sendo o prazo o mesmo, o 17 de marzo.
sanxose_2.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios