EQUIPO ALEVÍN A

122

En partido atrasado polo temporal o alevín A do CD As Pontes deu un paso prácticamente definitivo para acadar o título de liga ó gañar ó Racing de Ferrol por un claro e contundente 6-0, con Enrique como protagonista do bo partido xogado polos ponteses ó marcar catro goles. David Rey e Brais Blanco foron os autores dos outros tantos. O conxunto pontés con gañar ou empatar na vindeira xornada diante do Eume Deportivo acadaría o título de liga. Este derradeiro partido de liga xógase este sábado no campo do Poboado a partir das 10,00 da mañá.

As-Pontes-alevin-A.jpg


Nova cortesía de AF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios