Liga Feminina. As Pontes 0 Dubra 4.

59

Vitoria clara do Dubra, que demostrou en As Pontes porque é o segundo clasificado da Liga. As visitantes sentenciaron o encontro na primeira metade con catro goles, destacando a sensacional e talentosa dianteira Rebeca, que meteu dous e participou nos outros. Xunto a impecable central Begoña, foi a mellor xogadora do seu equipo. Por parte das locais, na primeira metade, ocasións para Carlota, e Andrea, inmensa, como en todos os encontros, e algunhas internadas de Paty. Na segunda parte as visitantes baixaron o ritmo e as pontesas buscaron o gol da honra, plantaron cara en todo momento, destacando a peleona Mar, e mereceron o gol, sobre todo Carlota, hoxe, a mellor das nosas, moi incisiva durante todo o encontro por banda esquerda, que no 89´quedou soa ante a porteira visitante pero mandou o balón fóra por pouco. O As Pontes feminino despedirá a Liga este domingo xogando fóra contra o Pastoriza.

futbol_fem_1.jpg


0 As Pontes. Leti, Yaiza, Silvia, Jani (Arancha 73), Patri Dopico, Andrea, Sara (Candela 65), Alba (Paula 65), Paty (Carla Castro 73), Carlota, Lau (Mar 45´).
4 Dubra. Alex, Adela (Araceli 65), Tamara, Begoña, Mónica (Laura 77), Iria, Sabela, Belén, Rebeca (María 85), Lucía (Raquel S 80), Sandra (Raquel 80).
Goles: 0-1 (3´), Lucía, 0-2 (27´) Sandra, 0-3 (30´), Rebeca, 0-4 (44´) Rebeca.
Colexiado: Brais Ferreiro Vérez (Ferrol).

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios