REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 0 VIVEIRO 1

62

Derrota inxusta do As Pontes ante o Viveiro na tarde de hoxe. Puideron poñer as cousas ó seu favor os ponteses en sendas ocasións consecutivas de Amado nos minutos 1’ e 2’, pero so ante o porteiro Kiko non soubo definir. O Viveiro marcou no seu único disparo a porta en todo o encontro, por medio dun penalti ben anotado por Erni. Na segunda metade, e trala expulsión de Ricardo no 67´ o As Pontes foi a polo empate, ocasión inmellorable para Moreno no 70´, pero malia intentalo de todalas maneiras, o gol non chegou para un As Pontes, que sen facer un gran xogo, non mereceu irse de vacío. O vindeiro domingo tentarán resarcirse outra vez na casa ante o Laracha, tamén sobre todo para alonxarse definitivamente dos postos de descenso.


0 As Pontes Angel, Rivas, Jorge, Chote, Alberto (Hugo 88), Seco (Carba 46), Rebolo (Pedro 49), Alonso, David Amado, Troncho, Piru (Moreno 63).
1 Viveiro Kiko, Bruno, Álvaro, Juan Carlos, Schuster, Ricardo, Aurelio (Cortiñas 88), Pedro (Cora 69), Erni (Luchi 83), Moya, Edy (Enmanuel 59).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 150 espectadores, tarde soleada, gran presencia de afeccionados vivarienses. Este partido corresponde á 21ª xornada, aprazado pola caída da torreta. O encontro principiou con hora e media de retraso ó non estar avisados os árbitros. Debía comezar ás 17:00 e fixoo ás 18:30.
Árbitro: Fabián Blanco (A Coruña). Amonestou ós locais Alonso, Chote, Alberto e ó adestrador Alberto López, polos visitantes a Moya, Enmanuel, Aurelio, Álvaro. Expulsou con dobre cartón a Ricardo (67´).
Goles: 0-1, Erni de penalti, minuto 14.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios