As seleccións galegas clasificanse para semifinais tras gañar a Navarra.

44

As seleccións galegas sub14 e sub18 clasificaronse esta mañá en Caranza para a Fase Final do Campionato de España tras gañar con solvencia ás seleccións de Navarra.

futbolc_001.jpg


A primeira en clasificarse foi a selección infantil sub14, que goleou a Navarra por un contundente 8-1. Marcaron o deportivista Gabriel (3´ 17´ 68´), o céltico Tomás (53´ 61´), o xogador do Areosa Enrique (6´), o deportivista Pablo (48´) e o céltico Santiago (57´). O gol da honra dos navarros marcouno Jedison no 60´. Xogaron por Galicia Sergio, Pablo, Roberto, Fernan, Pablo, Tomás, Gabriel, Diego, Ander, Amadeo e Enrique. Na segunda metade entraron Santiago, Adrián, Ignacio e Amir. No que vai de campionato a sub14 gañou todos os seus compromisos, Melilla (4-0), Cantabria (5-1), CValenciana (1-0) e Navarra (8-1).
Tamén se clasificou a selección xuvenil sub18 que gañou a Navarra por 3-1, goles do racinguista Permuy (24´), o deportivista Juan Carlos (39´), de penalti e o céltico Pedro (59´). Polos navarros anotou o osasunista Iñaki no 32´. Xogaron por Galicia Edu Sousa, Añón, Javier, Peña, Hugo, Vela, Ramón, Permuy, Juan Carlos, Pedro e Alberto. Na segunda metade entraron Torres, Rodrigo e Jose. Os sub18 tamén contan os seus compromisos por vitoria ata o de agora, Melilla (2-0), Cantabria (2-1), CValenciana (1-0) e Navarra (3-1). Tres xogadores da galega teñen a condición de internacionais, o porteiro Edu Sousa (foto), o medio centro Javier Rey (foto) e o dianteiro Pedro Martínez (foto).
Nunha máñá soleada deronse cita moitos espectadores no Campo “Javier Gómez Noya” de Caranza. Destacar entre o público ó seleccionador español sub21 López Caro ou ó elixido pola FIFA como mellor xogador mundial de Fútbol Praia, o coruñés Ramiro Figueiras Amarelle (foto). En vindeiras datas xogaranse as fase finais que reunirán ós catro mellores equipos de cada categoría.

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

futbolc_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios