Organizan talleres lúdicos para conciliar a vida laboral e familiar

26

[Diario de Ferrol] O Concello das Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), está a preparar unha serie de obradoiros lúdico-educativos para as vindeiras vacacións de Semana Santa, co fin de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que, durante estes días, deben continuar coa súa actividade laboral.


Segundo informan desde o consistorio, esta é a primeira vez que se poñen en marcha estes talleres nas referidas datas xa que, como apuntou o edil de Servizos Sociais, José Alén, “é necesario para dar unha solución, sobre todo ás mulleres, para conciliar vida laboral e familiar neste período vacacional”. Asemade, Alén explicou que este tipo de actividades só se desenvolvían no verán ou no Nadal, polo que desde o Goberno municipal acordourse extender estes talleres tamén a estas datas.
Neste senso, o edil de Servizos Sociais, fixo fincapé na necesidade de ofrecer aos pequenos unha alternativa que lles permita gozar dos seus días libres, ao mesmo tempo que adquiren novos coñecementos, se estimula a súa aprendizaxe e se fomentan valores como a igualdade, a participación, a creación ou a convivencia.
Outra das novidades serán os contidos destes obradoiros, que se desenvolverán os días 6, 7, 8 e 13 de abril no pavillón polideportivo dende as 09.00 as 14.00 horas. Así, a historia das Pontes e a súa evolución ata os nosos días serán as bases dos xogos, deportes e propostas das que gozarán os nenos e que permitirán transmitir o interese pola historia aos máis novos.
Inscrición > As persoas interesadas en que os seus fillos tomen parte desta iniciativa poderán inscribirse a partir de mañá no Concello. O cupo pecharase cando se alcancen as 50 matrículas. O prezo da actividade é de 10 euros por neno, aínda que haberá descontos, de ata o 50%, para as familias numerosas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios