“Peter Buckley” de Rubén Ruibal e César Candelas

43

O xurado do Terceiro Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico decidiu por maioría, e despois dun longo debate, outorgarlle o galardón desta edición á obra “Peter Buckley”, escrita por Rubén Ruibal e César Candelas Colodrón. O Premio da audiencia foi tamén para “Peter Buckley”. Quedaron finalistas as obras “Servizo de información” de Paula Carballeira e “O xou mas gou on” de Eva Freixeira. As tres obras finalistas “Peter Buckley”, “Servizo de información” e “O xou mas gou on” publicaranse nun libro-cd editado por Xerais. A presentación deste libro e a entrega do premio terá lugar o vindeiro 15 de abril no transcurso dunha Gala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Máis información en http://blogs.crtvg.es/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios