Traducir (con) Software Libre, novo libro con licenza CC

75

Lendo galpon.org:
“Probablemente o primeiro libro adicado a tradución e localización editado con licenza Creative Commons Recoñecemento-No comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 en España.
Froito da coordinación de Oscar Díaz Fouces e de Marta García González, ambos pertencentes á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, naceu este proxecto Traducir (con) Software Libre.”…


…”O obxectivo fundamental é estimular a curiosidade de traductores e docentes hacia este ámbito, así como ofrecerlles un bo número de pistas para incorporar os produtos libres aos seus respectivos espazos profesionais.
A introdución feita polos autores da Universidade de Vigo explica a motivación deste proxecto debido á globalización do mercado e ao desenvolvemento acelerado das novas tecnoloxías da información que provocan un incremento exponencial das oportunidades para os profesionales da xestión lingüística.
Como se comenta no libro, parece claro que as tecnoloxías dixitais instaláronse con forza, tanto no mundo das personas que teñen na tradución a súa actividade profesional, como no de aquelas que se ocupan de formalas. Sen embargo, chegados a este punto, conven sinalar que parece existir unha clara unanimidade na preferencia polo uso de determinado tipo de ferramentas informáticas, concretamente os produtos de carácter pechado e comercial.
Nos capítulos que conforman o presente volume se pretende aportar unha perspectiva xeral sobre o software libre no ámbito da traducción, tanto desde o plano profesional como desde o formativo. Para iso, preséntanse recursos e instrumentos libres, así coma experiencias e propostas prácticas para ambas dimensións. Ademais, inténtase contribuir a sacar á luz o traballo inxente da comunidade de traductores voluntarios dos proxectos libres, co obxectivo (indisimulado) de atraer a atención da comunidade académica do ámbito da tradución.
O libro inclúe referencias de persoas que traducen e localizan Software Libre de Galicia, Cataluña, Madrid e Brasil como Marcos Cánovas e Richard Samson da Facultat de Ciències Humanes, Traducció i Documentació na Universitat de Vic, Manuel Mata do C.E.S. Felipe II na Universidad Computense de Madrid, José Ramom Pichel de imaxin|Software, Felipe Gil Castiñeira da E.T.S.E Telecomunicación na Universidade de Vigo, Claudio F. Filho de BrOffice.org ou Nuria Vidal Castellet da Facultat de Ciències Humanes i Socials na Universitat Jaume I.

Máis información na editorial Comares

O ISBN do libro “Traducir (con) Software Libre”: 978-84-9836-487-3
Estase comenzando a elaboración da segunda edición coa petición á comunidade de novas contribucións que desexen participar nese novo proxecto. Pódese por en contacto de Oscar Díaz Fouces para obter máis información de como colaborar.”…
Fonte: galpon.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios