Nova versión de Listen, un completísimo audiorreprodutor para Gnome

26

Lendo mancomun.org:
“Escrito en Python, Listen pode mostrar diferente servizos de web: shoucast webradio, podcast, lyrics (a través de varios plugins como lyriki, leolyrics, información da wikipedia sobre artistas ou álbums). Un dos seus avances é que pode crear intuitivamente listas de reprodución recollendo información desde Last.fm sobre qué música é a que máis frecuentemente nos gusta escoitar.”…


…”A interface pode presentar a información de catro modos: un mini modo para preservar o espazo de pantalla, unha lista de reprodución tipo interfacer xmms, un modo normal con todas as funcionalidades na mesma xanela e un modo “festa” (pantalla completa).
Tamén permite tanto o uso mediante liña de ordes, unha sinxela xanela en pantalla ou unha icona na lista de tarefas e manexa moitos formatos de audio (ogg, flac, mpc, mp3, mp4, m4a) .
A nova versión candidata 0.6 trae as novidades seguintes:
– compatibilidade parcial DAAP
– emisora de radio Last.fm
– lembra calquera audio reproducido en Listen
– ecualizador de 10 bandas
– axente Icecast (para usar cun servidor icecast)
– visulisador (compatíbel con todos os plugins gstreamer)
– navegador sobre o almacén de música Jamendo
– motor de reprodución Crossfade
– un sistema sinxelo de plugins que permite programas doadamente novas funcionalidades
– outro tipo de plugins varios (gajim plugin, avant-window-navigator plugin, new lyrics backend)
“…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios