Mancomún e os GGUL reforzarán a presenza do software libre no Xuventude Galiza Net

38

Lendo mancomun.org:
“O Xuventude Galiza Net quenta motores e con este, os grupos e entidades que farán desta décima edición do maior maratón informático de Galiza un encontro para recordar por todas as persoas que poidan vivilo de preto.O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún, estará alí -entre os días 3 e 5 de abril, no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela- cos Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL) para achegar as tecnoloxías de código aberto ás persoas asistentes.”…


…”Como en pasada edicións, e en virtude do convite realizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, Mancomún estará presente en calidade de coordinadora de todas as actividades vencelladas ao eido software libre, as cales foron sendo achegadas polos axentes integrantes da comunidade, tanto a título individual como de asociación.
A posta en práctica deste sistema de organización coordinada permitiu aos membros da comunidade na edición do ano 2008 adquirir un gran protagonismo a través da exposición dos seus proxectos e iniciativas. Asemade, acadáronse importantes fitos como a tradución ao 100% da interface do OpenOffice.org 3.0. Este ano, Mancomún prevé repetir o éxito da pasada edición coas actividades propostas.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios