Intel deixa o seu proxecto Moblin nas mans da Linux Foundation

89

Lendo agnix.org:
“Intel decidiu ceder as rendas do seu proxecto de plataforma baseada en LinuxMoblin a LinuxFoundation, colocando así a iniciativa nun territorio neutral coa esperanza de atraer así a unha maior comunidade.
O grupo sen ánimo de lucroLinux Foundation hospedará a comunidade online para Moblin sobre o seu sitio Web e encargarase da xestión do proxecto, segundo informou Jim Zemlin, director executivo da entidade.”…


…”Desenvolvido por Intel en 2007, Moblin é un proxecto de código aberto que persegue a creación dunha plataforma baseada en Linux para netbooks, dispositivos de Internet móbil (MID), como tablet PC, e sistemas e entretenimiento e información en vehículos.
No mercado de netbooks e dispositivos MID, a plataforma Moblin compite co sistema operativo Windows de Microsoft. Tamén se enfronta no mercado a outros dous proxectos móbiles de código aberto que tamén utilizan Linux como núcleo: Android, de Google, e LiMo.
Intel ideou este proxecto para impulsar o seu procesador Atom, originariamente orientado a netbooks e MID, pero ampliado co tempo para incluír máis funcionalidades dirixidas a PC.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios