Medio cento de tiradores participarán no Campionato Provincial de I.P.S.C que terá lugar o vindeiro sábado

28

aspontes.com. As instalacións da Pena da Revolta serán a sede desta cita deportiva que se prolongará ao longo de toda a xornada.


O campo de tiro pontés da Pena da Revolta acollerá este sábado o Campionato Provincial de I.P.S.C. no que participarán un total de 40 inscritos procedentes de toda a provincia, en categoría tanto individual como por equipos.
A Sociedade Deportiva Pena da Revolta é a encargada de poñer en marcha esta cita que dará comezo ás 9.00, prolongándose ata as 18.00 horas, e que contará cun total de cinco exercizos a desenvolver dacordo co regulamento internacional do I.P.S.C.
Entre os diferentes exercizos a desenvolver, os participantes deberán afrontar probas tanto en carreira coma dende un punto fixo, nas que tamén se incluen a montaxe da pistola a empregar ou o abatemento de obxectivos tanto fixos coma en movemento.
A proba será de libre acceso a todos aqueles veciños e veciñas que desexen achegarse ata o campo de tiro Pena da Revolta para desfrutar desta competición.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios