REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 1 FOZ 2

40

Nova decepción no Campo do Poboado, tras unha nova derrota do As Pontes, e xa van catro seguidas. Tras unhas primeiras ocasións de Rebolo (19´) que mandou por alto e Murado (27´) que despexou Marcos, adiantaronse os visitantes tras un erro da zaga local, Alberto enredase co balón, Dumi tira, rexeita Marcos, e Hermida marca por alto. Antes do descanso, no 40´, Pol queda so pero non consegue bater a Marcos. Na segunda metade, no 53´, tras un pase en profundidade Rebolo marca con intriga, pois tras petar o balón no pau, entra paseniñamente ó fondo das mallas. Pero pouco lle durou a ledicia ós locais, pois catro minutos máis tarde, tras un saque de córner, Cris, libre de marca, cabecea a pracer. De ahí ó final do encontro destacar un tiro de Troncho desde fóra da área (64´) e unha ocasión de Pol (82´). A ocasión máis clara do As Pontes pra empatar chegou no 89´ tras un penalti de Bruzo sobre Pablo, pero nin con esas puideron os locais sumar un punto, pois Alonso mandou o balón por alto. En definitiva, a falta de sete xornadas pra o final o As Pontes, que dos últimos doce puntos, non sumou ningún, sitúase nunha situación moi perigosa.


1 AS PONTES Marcos, Hugo (Moreno 79), Jorge, Chote, Alberto, Seco (Esmoris 67), Carba (Victor 84), Alonso, Rebolo, Troncho, Pablo
2 FOZ Bruzo, Adán, Fernando, Suso Murado, Justo, Isma, Dumi, Cris, Óscar Pol (Nacho 91), Miguel Mateos (Iago 79), Diego Hermida (Martín Murado 67).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 100 espectadores, presencia de moitos afeccionados visitantes. Tarde soleada. Partido correspondente á 31ª xornada.
Árbitro: Brun Pintor. (A Coruña). Auxiliado nas bandas Vázquez e Espasandín. Cartón amarelo ó campión de Europa sub17 (1997), Miguel Mateos.
Goles: 0-1, minuto 30, Diego Hermida, 1-1, minuto 53, Rebolo, 1-2, minuto 57, Cris.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios