Execución de J2ME en Linux x86_64

41

Lendo glug.es:
“Logo do relatorio que Alex Gonzalez deu na XGN o pasado venres me quedei con ganas de probar o asunto e ver que posibilidades tiña. Aborrezo Java pero o logo de ver catro cousas de J2ME e o sinxelo que é crear apps para móvil nestre framework me quedei con ganas de máis.”…


…”O problema e que probando os exemplos que trae netbeans de J2ME viña recibindo mensaxes de erro que non podía solucionar.

Running a 32-bit JVM is not supported on this platform.

Grazas á axuda de Alex, experto na materia chegamos á solución seguinte e que reflexo aquí.
Instalamos linux32 ia32-libs e por último ia32-sun-java6-bin, eu instalo o de java6 xa que é o que preciso, pra iso basta un:

sudo aptitude install linux32 ia32-libs e ia32-sun-java6-bin.

Agora simplemente temos que decirlle ao emulador de j2me que empregue o java de 32 bits que acabamos de instalar. Pra iso modificamos o script que lanza o emulador. Eu teño o netbeans descargado dende a páxina web de sun polo que estará en:

/usr/local/netbeans-6.5.1/mobility8/WTK2.5.2/bin/emulator

co seguinte parche:

3c3
< javapathtowtk= --- > javapathtowtk=”/usr/lib/jvm/ia32-java-6-sun/jre/bin/”
23c23
< "${javapathtowtk}java" -Dkvem.home="${KVEM_HOME}" \ --- > “${javapathtowtk}java” -d32 -Dkvem.home=”${KVEM_HOME}” \

Con isto xa podemos comezar a programar con en j2me e probar a trastear co mesmo.
PD.: isto non significa que non deixe de aborrecer Java como linguaxe de programación. So que hai que coñecer o inimigo para falar mal del.”…
Fonte: glug.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios