Chrome para Linux e Mac: vento en popa a toda vela

82

Lendo linuxpreview.org:
“Pese a que aínda queda a certa distancia o ter nas nosas mans unha versión pública funcional, as versións para as outras dúas plataformas informáticas máis utilizadas hoxe en día do navegador web de Google, continúan o seu desenvolvemento a bo ritmo, propiciando que os vindeiros meses poidan ser un bo momento para ver os seus primeiros balbucixos en sociedade.”…


…”Meses despois da publicación da primeira versión estable de Chrome e a pouco da liberación da segunda, aínda non temos indicios das prometidas versións oficiais do navegador web de Google para o resto das plataformas informáticas, especialmente as dúas ‘outsiders’ de M$: Mac OS X e GNU/Linux. Pese a esta falla de novas por parte de Google, o proxecto Chromium, a traveso do que se comparte o código fonte desta aplicación coa comunidade e se levan a cabo os ports, segue a bo ritmo.
Para a plataforma de Apple, é a revista en liña Ars Technica a que lle adica unha análise á súa implementación de Chrome, descargando o último código fonte dispoñoble, compilándoo e probando o resultado. E a conclusión de todo este proceso é que o navegador web avanzou moito no último mes, sendo minimamente funcional; isto quere dicir que permite cargar páxinas web, as renderiza, permite seguir as ligazóns para realizar unha navegación, pero é probable que se colgue ou que sufra algún fallo doutro tipo, sendo moi inestable e consumindo grandes recursos de memoria. É dicir, atópase en fase pre-alpha.”…
Fonte: linuxpreview.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios