Faleceu Vicente Rodríguez Cao, ex-directivo do equipo de fútbol das Pontes

92

Vicente Rodríguez Cao, coñecido por Vicente da Ibérica e tamén por Cascarilla, faleceu o pasado mércores nas Pontes logo dunha longa enfermidade. Vicente Rodríguez foi un home que estivo moi vencellado ó fútbol pontés, dende o histórico Club Deportivo Puentes, do que foi xogador e durante cinco temporadas adestrador.

Calvo-Sotelo-1963-64.jpg

Calvo Sotelo 1963-64


Ó desaparecer o CD Puentes e federarse o Calvo Sotelo adestrou á primeira plantilla xunto a Simón (o que fora porteiro do Deportivo e Celta), e durante varias temporadas ó conxunto xuvenil. Foi axudante de Manuel Moar no primeiro ascenso á terceira división nacional do equipo das Pontes na temporada 1963/64. En varias ocasións estivo nas directivas do Calvo Sotelo e Endesa As Pontes.
Na década dos anos sesenta foi colaborador de prensa en varios medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia. Vicente Rodríguez, que contaba 78 anos e foi enterrado onte no cemiterio municipal das Campeiras, rexentou durante anos un negocio adicado á drogaría e librería, así como a coñecida imprenta “Ibérica”, o derradeiro taller de impresión tradicional que se pechou hai uns anos.
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios