Intel Moblin: obxectivo, arrinque en 2 segundos

80

Lendo muylinux.com:
“No Linux Collaboration Summit, o director do Centro de Tecnoloxía de Código Aberto de Intel revelou detalles sobre a visión de Moblin no futuro. Exemplo delo é arrincar en tan só 2 segundos e redefinir os UI. Imhad Sousou afirmou que a orientación de Moblien é mellorar a experiencia de usuario en Linux sobre dispositivos con plataforma Intel Atom, como por exemplo, ultraportátiles e MIDs.”…


…”As primeiras versións alfa de Moblin 2 amosan que a maioría de compoñentes da pila, incluíndo o sistema gráfico, poden arrincar en cuestión de segundos. Intel pretende desenvolver Moblin como plataforma apropiada para dispositivos integrados e funcionar, por exemplo en computadores para coches así como ultraportátiles, entre outros. En palabras de Sousou: ‘Pensamos que un arrinque en dous segundos é posible’.
As melloras no rendemento durante o arrinque son de tal magnitude que seguro que farían que Linux tomara a dianteira no espacio da movilidade, aínda que non por elo será unha tarefa fácil. Paralelizar compoñentes no proceso de arrinque é visto de forma habitual como a forma máis práctica de reducir o tempo do proceso de arrinque, pero Sousou puntualiza que a paralelización é un medio para acadar un fin, non un fin en sí.
Outro punto comentado por Sousou é a mellora dos interfaces de usuario para este tipo de dispositivos móviles. Segundo o seu punto de vista os interfaces con widgets soen pecar de falta de flexibilidade que é requerida para ser unha real e completa experiencia de usuario. Intel está traballando no deseño da seguinte xeración de interfaces de usuario xunto coa súa última adquisición en relación a este campo OpenedHand, creadores de Clutter, que dispón dunhas animacións completamente suaves entre menús e obxectos en pantalla ademáis de integrar un soporte táctil eficiente.”…
Fonte: muylinux.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios