O As Pontes, contrarreloxo para obter a permanencia

104

[Diario de Ferrol, por X.C.] O CD As Pontes afronta esta tarde -17.00 horas, O Poboado- un partido importantísimo para definir o seu futuro inmediato. Logo da racha negativa que o levou a situarse a tan só seis puntos do descenso, está obrigado a gañar ó Dubra se non queren verse en serios apuros para as seis últimas xornadas da liga.


Con tan só 36 puntos necesita cando menos dúas victorias máis para manter a categoría, e a primeira ten que chegar diante dun equipo que tampouco está salvado da queima, aínda que parte dunha posición máis avantaxosa. Os do Val do Dubra estaban en tódadas quinielas como un dos candidatos ó descenso, pero, logo de ocupar as últimas prazas dende o inicio da liga reaccionaron estraordinariamente e poden certificar a súa salvación definitiva no campo do Poboado.
No Poboado enfróntanse, pois, dúas rachas ben diferentes, pero os de Alberto López xa non poden aprazar máis unha reacción que se tornou vital, e para a que aínda non poderá contar co capitán Rivas e con Piru, que se suman ás baixas de máis longa duración, de Dani, Boo, e Pedro. O que si pode volver é o xuvenil Amado, que superou as molestias que a pasada semana contribuiron a que non estivese diante do Foz.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios