As Pontes vai recibir 200. 000 euros que tiña pendentes do Plan experimental de emprego

15

[RTVeume] As Pontes vai recibir 200. 000 euros que tiña pendentes do Plan experimental de emprego, logo de ter recibido a mesma cantidade da Consellería de Traballo, en base a un compromiso dunha achega de 400.000 euros.


Esta nova partida completa a dotación destinada á formación á carta e recolocación de traballadores procedentes das empresas auxiliares que se viron privadas do traballo que viñan desenvolvendo na mina de Endesa co peche desta.
Actualmente está xa a pleno rendemento unha oficina que conta no seu plantel cun cordenador e dous técnicos de emprego, e que fai as veces de enlace entre os traballadores e as empresas do municipio.
Coa aportación desta nova axuda económica continuarase na liña de ofertar cursos de formación coa fin de introducir ós operarios en novos acmpos laborais. Con esta confirmación da continuidade do Plan experimental de emprego pódese garantir xa a súa vixencia mesmo xa para o 2.010.
Ademáis temos tamén que salientar hoxe que o Ministerio de Industria ven de incluir a As pontes entre as vilas beneficiarias das axudas a actuacións de reindustrializació nnas comarcas de ferrol, Eume e Ortegal.
O concello pontés farase así cunha achega de 94.000 euros a fondo perdido para a rehabilitación da casa de formación e oficios e centro de educación ambiental.
Esta instalación, coñecida popularmente como o hexágono, e ubicada na Fraga, conta cun orzamento de 249.717 euros, e para fin de ano cóntase con tela habilitada para acoller a futura escola obradoiro que promove a concellería de promoción industrial pontesa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios