IV MARATÓN DE FÚTBOL SALA ABRENTE

99

Esta fin de semana disputáronse nas Pontes as finais do torneo de fútbol sala en idade escolar, organizado pola asociación de ANPAS Abrente en colaboración co concello de As Pontes.
O instituto Moncho Valcarce foi o gañador ó impoñerse en tres das catro finais. Na categoría infantil impúxose ó Castro da Uz por 5-3, en cadete masculino gañou tamén ó Castro da Uz por un claro 12-2, e en cadete femenino venceu ó Nebrija na tanda de penaltis (2-1), xa que o encontro rematou con empate a un gol. En categoría alevín o vencedor foi o Nebrija, que na final gañou ó Monte Caxado por 3-0.
Finalmente disputáronse as finais das ANPAS logrando o doblete a do colexio Santa María. En mulleres venceron á do Monte Caxado (1-0) e en homes á da escola infantil A Barosa (3-0).
Ó remate da competición houbo a entrega dos trofeos realizada polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a concelleira de cultura e deporte, Eva Conde.


Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Abrente_1.jpg

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios