Susana Castro consigue dúas medallas no campionato galego de clubs

55

A atleta pontesa Susana Castro Pena contribuiu con dúas medallas ó triunfo do seu equipo, o Ría de Ferrol-Concepción Arenal, no campionato galego de clubs celebrado esta fin de semana en Vigo. Susana conseguiu a medalla de prata na proba de 800 metros, na que venceu Consi Gómez, do Ourense-Academia Postal, e logrou a medalla de bronce xunto ás súas compañeiras do relevo 4 por 400 (Candela Díaz, Marta García e Esperanza Caldas), no que o Ría de Ferrol acabou por detrás do Ourense-Academia Postal e o Celta de Vigo.


O Ría de Ferrol-Concepción Arenal logrou o triunfo en féminas, ó sumar 154 puntos na clasificación por equipos, en segunda posición clasificouse o Ourense-Academia Postal que sumou 145 puntos, namentres que o Celta de Vigo obtiña a terceira praza con 129.
O triunfo da escadra ferrolá basouse en gran parte ós sete triunfos obtidos por Iria Martínez (100 metros), Lidia Casal (200 metros), Natalia Raña, irmá do ex campión do mundo de tratlón, Iván Raña (3000 metros), Ana Belén Pérez (3000 metros obstáculos), Lucía Ferreiro (salto con pértega), Ana Pereira (xabalina) e o relevo 4 por 100.
Na competición masculina, triunfo do Ourense-Academia Postal que sumou 147 puntos, segundo o Pontevedra con 142, e terceiro o Celta de Vigo con 123 puntos.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios