A Asociación forestal galega continua co asesoramento ós afectados polo ciclón Klaus

36

[RTV Eume] A Asociación forestal galega terá aberta mañá e pasado mañá pola tarde, a súa oficina na nosa vila coa fin de asesorar ós propietarios para cubrir as solicitudes de axudas dos propietarios forestais que tiveran danos no monte a causa do temporal acaecido o pasado mes de xaneiro.


Os propietarios forestais da A F G que desexen solicitar as axudas que se dictaminaron deberán chamar primeiro para solicitar cita previa ós teléfonos 981 56 40 11, 981 44 05 37, ou 981 56 01 40.
A AFG estivera nas negociacións que derivaran no acordo entre a Mesa da madeira e o consello forestal, que recolle o aproveitamento e recuperación das zonas arboradas aefctadas polo ciclón Klaus.
Estas axudas inclúen medidas para diminuir o impacto dos danos na economía dos propietarios forestais e das comunidades de montes afectados.
Podemos lembrar ademais, que o concello segue tamén coa oficina provisional aberta no salón de plenos da sala consistorial, que destinou a atender ós afectados con propiedades forestais, de cara a darlles información e asesoramento á hora de optar a esta liña aberta de subvencións.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios